Coñecemos as palabras con r e rr, e facemos as actividades:
Da páxina 114 a 2 e 3
E da páxina 115 a 4 e 5.
Xa vos irei poñendo, pero non o poño todo xunto porque algún de vos vaise agobiar e querer facelo todo nun día, e non é así, cada día tiñamos unhas asignaturas así que tomádeo pouco a pouco cada día. Tamén podedes xogar ás cartas, ao parchís, descargar as cartas de Monstrúelo, imprimilas e xogar con elas. Ide tamén aprendendo o Rap do Planeta. E pensade que todo isto é pola vosa saúde e a de todos.
Portádevos ben, axudade na casa e non vos impacientedes, non esteades todo o día coa Play, nin coa tablet, nin a Wii, nin a DS ou a Xbox,
No hay comentarios:
Publicar un comentario