martes, 28 de abril de 2020

Lingua Galega

Ola valentes, hoxe imos seguir un pouquiño co libro dixital, lembrade que é ANAYA podedes acceder a él picando na palabra ANAYA pero o que imos facer é do tema 9, si, si, do tema 9, nel imos facer uns exercicios dos pronomes persoais e dos diminutivos, todo isto xa o sabedes e cando o vexades darédesvos conta.
Primeiro escoitamos e vemos o conto de "Como naceu o trigo" e logo facemos unhas actividades interactivas (A primavera, Os diminutivos, Os pronomes persoais), volo poño todo no vídeo para que vexades os pasos que hai que dar se aínda non o temos moi claro.


Lembrade que hoxe tamén tedes MATEMÁTICASSOCIAIS podedes ir a elas picando no nome da asignatura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario