lunes, 16 de marzo de 2020

Lingua Galega


Correximos:
Da pax 114 e 115
No cadro do exercicio 2, sería con r forte cando a poñemos a principio de palabra (redes e rumbo).
e rr cando vai entre dous vogais (amarre, barra).
O r suave sería (faro, sombra, brétema, proa, marea, peirao, áncora)
Lembrade que se hai algunha palabra que non coñezades tedes un diccionario de Galego no panel á vosa dereita.


No exercicio 3 de escoller a palabra correcta de cada parella é:
-A fonte botaba un chorro de auga clara
-O pirata non é tan fero como parece
-Hai que amañar a roda do carro.
Lembrade que en Galego non existe o Y

O exercicio 4 do completar o poem acon r ou rr:

Debaixo da lareira
do meu xardín
fixo a casa un anano
que nunca vin.

A casiña do anano
é pequerrecha
unha porta non lle abre,
outra non lle pecha.

É fíxolle un faiado
cunha bufarda
para ver as estrelas
nas noites pardas.

E a casiña do anano
pon un mandil
para que non lle chova
no mes de abril.

Gustouvos este poema?
Saberías dicir cantos versos ten? E cantas estrofas?

No exercicio 5, no que tiñades que substituir os debuxos con palabras con r e escribir o texto, quedaría así.
O pirata abriu o cofre. Dentro non había ouro. Só atopou un parche, un gorro, un remo, e unha carta que dicía: " O mellor tesouro é a amizade"
E agora 
 OS ANUNCIOS


Os anuncios publicitarios adoitan ter un Slogan, é dicir, unha frase breve é orixinal que moitas veces rima

Por isto primeiro imos ver no libro de texto a páxina 116 para ver os anuncios e logo imos a facer un traballiño de investigación.

Imos a buscar, nun xornal ou nunha revista un anuncio. O recortamos e o pegamos nunha ficha e explicamos:

Que pretende informarnos o anuncio

De que fai publicidade o anuncio

Fai unha boa recomendación?

Explica si cambiarías algo do anuncio ou o deixarías como aparece

Despois de facer isto, elixe un produto (reloxo, alimentos, móbiles,.....), busca unha foto dese produto e pégaa nun folio, e debaixo ponlle un slogan e destaca as calidades dese produto




No hay comentarios:

Publicar un comentario