Ola rapaciños e rapaciñas, hoxe imos seguir facendo algúns traballos para a revista(está quedando xenial, vades levar unha sorpresa o día 17)
Pois quería pedirvos que fixérades un refrán e un debuxo sobre ese refrán.
Podedes recollelo dalgún que saiban os vosos pais ou os vosos avós, ou tamén inventalo.
Sabedes que é un refrán?
Un refrán case sempre rima e fai referencia a algo que soe ocorrer, por exemplo no refrán:
"En Abril, augas mil"
Abril rima con mil, e fai referencia a algo que soe ocorrer como que en Abril sempre chove moito, é unha época de choivas.
Ou o refrán:
"Quen coas mans non pode, cos dentes acode"
Pode rima con acode, e fai referencia a que normalmente cando non podemos desatar ou abrir algo coas mans, moitas veces, despois o intentamos tamén cos dentes.
O refrán non hai que explicalo, volo explico eu para que vexades que os refráns normalmente fan referencia a cousas que ocorren amiúdo.
Lembrade que hoxe tamén tedes MATEMÁTICAS e SOCIAIS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario