Ola rapaces e rapazas, o que imos facer agora, ata o día das letras galegas vai ser para facer unha pequena revista que poderemos publicar online para ese día, por iso cada día teremos algo distinto ,e logo ao xuntalo quedará a revista de terceiro de EP para o día das Letras Galegas.
Moi ben, pois entón hoxe comezaremos por facer unha poesía en galego, sobre Galicia, pode ser das comidas, do campo, da natureza, dos animais, das praias, das persoas galegas, é dicir calquera cousa que teña que ver coa nosa cultura. Podedes engadirlle un debuxo relacionado co poema que fagades (quedaría moi molón)
Estou desexando ver as vosas poesías, non teñen que ser moi longas, pero que teñan sentido.
Lembrade que hoxe tamén tedes MATEMÁTICAS e SOCIAIS
No hay comentarios:
Publicar un comentario